Mañá 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente e Amigas das Árbores programan actividades:
11:45 horas, no rexistro do Concello de Ourense levarémolo manifesto para a protección e coidado das árbores e convidaremos aos grupos políticos do concello ourensán a vir ás 20 horas ao Xardín do Posío na que os veciños e veciñas lle faremos entrega do manifesto.
18:45 horas, recollida de refugallos plásticos na contorna do Posío.
20 horas, na porta do Posío, fronte ao IES Otero Pedrayo, entrega do manifesto e revexetación-renaturalización dun dos «alcorques» da entrada do xardín.
Día Mundial do Medio Ambiente
No hay comentarios
No hay comentarios