DeCantar no canón do Sil: Música e viño nunha experiencia sensorial única na Bodega Proencia

A Bodega Proencia amplía a súa oferta con novas experiencias. Nesta tempada estival presenta DeCantar, o seu primeiro ciclo que aúna música, viño, gastronomía e paisaxe

A decantación, máis ca un simple proceso técnico, é un verdadeiro ritual no mundo da enoloxía. É a arte de oxixenar o viño, de levalo á plenitude da súa expresión sensorial. Baixo esta premisa, e nun entorno tan inmellorable como o Canón do Sil, ofértanse dúas experiencias exclusivas que fusionan viño, música en directo, cata-maridaxe e servizo de bus.

A primeira cita, «DeCantar», terá lugar o 14 de xuño. A velada estará amenizada pola pianista María Mendoza, finalista nos recoñecidos Premios Martin Códax da Música 2025. A súa proposta, «Piano Experience», promete unha viaxe sonora a través do tempo e do espazo, un convite a pechar os ollos e deixarse levar pola música e o viño.

A segunda «Decantación» celebrarase o 12 de xullo. Nesta ocasión, a inmersión sensorial chegará da man do dúo de jazz Outumuro&Constenla. Figuras destacadas no panorama musical galego, ofrecerán unha perspectiva fresca e natural das sonoridades da tradición jazzística, creando unha atmosfera única para gozar do viño.

Ambas as experiencias darán comezo ás 19:30 horas e teñen un prezo de 40€ por persoa e día. As prazas son limitadas, polo que se recomenda formalizar a reserva canto antes.

Para reservas, pódese contactar a través do teléfono 620 596 162 ou mediante o perfil de Instagram @bodega_proencia. Non perdas a oportunidade de vivir estas experiencias únicas onde o viño, a música e a paisaxe se unen nunha harmonía perfecta.

Comparte éste artículo
No hay comentarios