Elena Candia e Antonio Ameijide mantiveron unha xuntanza con representantes da asociación de veciños deste barrio na que lles explicaron que o goberno provincial xa rematou e pagou o plan parcial para desenvolver urbanisticamente o parque do Rato.
· Antonio Ameijide explica que «unha vez encargado e pagado ese documento, corresponde a PSOE e BNG na Deputación de Lugo dicirnos a todos os veciños de Lugo e especialmente do barrio o que queren facer», xa que «PSOE e BNG, no Concello e Deputación son agora os que teñen na súa man decidir se queren apostar por unha zona verde nese entorno ou, pola contra, permitir a edificación e en que localización»
· Os populares puxéronse unha vez máis a disposición dos veciños e explicaron que xa pediron acceso ao plan parcial que vai a presentar o goberno do PSOE e BNG na Deputación para mostrarllos á cidadanía, xa que presidente e alcalde non o queren facer público
· Elena Candia afirmou que «PSOE e BNG teñen unha oportunidade de ouro en Paradai xa que unicamente eles poden decidir se queren que non se constrúa, algo para o que deben buscar a fórmula axeitada para rescindir acordos anteriores devolvéndolle os cartos pagados tras 18 anos sen avances, e declarar todo zona verde»
· Os populares recordaron que José Tomé asinou o 20 de novembro de 2024 un decreto para autorizar o pago de 12.100€ para a contratación dunha arquitecta para a ‘Adaptación dos documentos para aprobación inicial do Plan Parcial S-13R do ano 2018 aos requirimentos municipais e nova lexislación’ o que supón que «o goberno de PSOE e BNG na Deputación, do que forma parte do alcalde de Lugo, está a favor de edificar en Paradai, so falta saber onde e como»