Amigas das Árbores: Arboricidios! Destrución do noso patrimonio vivo

Unha preocupante vaga de «arboricidios» está a arrasar o noso valioso patrimonio natural, especialmente nas vilas que salpican o Camiño Mozárabe/Vía da Prata, como Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía, e na vila termal de Baños de Molgas. Estes actos de destrución, moitas veces premeditados e executados con impunidade, están a esnaquizar árbores centenarias e outros elementos vexetais de incalculable valor, algúns deles situados mesmo á beira do Santuario dos Milagres.

Testemuñamos con dor a eliminación do patrimonio vivo de máis valor, auténticos monumentos naturais que forman parte da nosa historia, da nosa paisaxe e da nosa identidade. Estas árbores non son só elementos decorativos; son ecosistemas en si mesmos, proporcionando refuxio para a fauna, purificando o aire, regulando a temperatura e contribuíndo á beleza singular das nosas vilas. A súa perda é un golpe irreparable para a biodiversidade e para o legado que deixamos ás futuras xeracións.

A gravidade destes feitos é alarmante. Parecen actuar con premeditación e impunidade, deixando unha pegada de desolación e desrespeito polo medio ambiente e polo noso patrimonio.

Comparte éste artículo
No hay comentarios