O PP de Pol afirma que Lino Rodríguez debe 2.579.519,05€ a provedores e en facturas da luz dende o ano 2022

Nicole Grueira sinala que “o alcalde ten sorte de que a débeda sexa dunha administración pública, porque se chega a ser dunha familia xa hai anos que lle terían cortada a luz”.

 “O Concello de Pol está ao límite”. Non se trata dunha frase feita que empregue a voceira popular, Nicole Grueira, senón que é unha realidade á que aporta datos e documentación.

Neste senso, Nicole Grueira sinala que dende o ano 2022 o Concello de Pol acumular unha débeda de 2.579.519,05€ en facturas de provedores, da luz e doutros servizos.

“Lino Rodríguez ten sorte de que é unha administración pública a que debe esa cantidade, xa que de ser unha familia xa lles terían cortado a luz hai moitos meses, pero nos estamos aproximando ao día no que os traballadores públicos cheguen ao Concello e non haxa subministro eléctrico”, afirmou.

Unha cantidade que se desglosa da seguinte forma:

– Ano 2023: 405.859,45€

– Ano 2024: 349.249,85€

– No que vai de ano 2025: 73.234,84€

Pero estas non son as únicas débedas recoñecidas por parte do Concello de Pol, xa que tamén se deben facturas doutro tipo de subministros:

– Ano 2023: 9.214,66€

– Ano 2024: 195.950,44€

– No que vai de ano 2025: 169.918,51€

DÉBEDAS A PROVEDORES

Nicole Grueira tamén explica que Lino Rodríguez acumula “inxentes cantidades de diñeiro en impagos a provedores “só dos anos 2022 e 2023, que son aos que tivemos acceso”.

– Ano 2022: 312.939,02€ pendentes de pago

– Ano 2023: 1.063.152,28€ pendentes de pago 

En total a débeda a provedores ascende, polo menos, a 1.376.091,30€. “Imaxinamos que esta débeda é moito maior xa que non tivemos acceso aos datos de 2024 e ao que vai de 2025, pero con estes datos todos os veciños de Pol entenden perfectamente que non haxa ningunha empresa nin autónomo que queira traballar para o Concello de Pol”, denunciou.

Nicole Grueira afirma que “Pol precisa de medidas urxentes” de contención do gasto e un plan de pago a provedores e dos subministros xa que “estamos chegando ao día no que os traballadores non teñan luz en dependencias municipais ou que directamente non se poidan aboar as nóminas”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios