Os infantís do Santo Domingo Betanzos buscan a Copa Xunta de Galicia

O equipo Sub-22 masculino, pola súa parte, recibe ao Estudantes Pontevedra.

Fin de temporada para os infantís do J. Caamaño Arquitecto Santo Domingo Betanzos. Tras unha temporada na que conseguiron acadar o terceiro posto na liga galega, quedando a un paso de disputar o campionato de España, os rapaces adestrados por Toni Seijo, Alberto Caamaño e Carlos Gómez, disputan esta fin de semana en Santiago a final da Copa Xunta Galicia de Primeira División. Os betanceiros, que chegan a esta cita logo de eliminar en cuartos a Boa Vila Basket de Pontevedra e nunhas disputadas semifinais ao Seis do Nadal de Coia (Vigo), mediranse ao mesmo rival co que disputaron o partido polo terceiro e cuarto posto do campionato de liga, un Basquet Coruña U14, que eliminou a Allariz e a Basket School Ferrol, e que de seguro vai buscar o desquite polo último partido disputado entre ambos conxuntos. O partido celebrarase o sábado ás 20h. no pavillón Pío XII de Santiago de Compostela.

Pola súa parte, nunha fin de semana na que xa non compite por fin de temporada o groso dos equipos do club, o Sub 22 masculino recibe a visita do Estudiantes Pontevedra o domingo ás 12h en Miño (por imposibilidade de dispor do Pavillón Municipal José María Valeiro Iglesias “Tocayo), mentres que o equipo feminino descansa (acabará a competición na vindeira xornada nun dobre enfrontamento contra Rosalía de Castro e Culleredo).

Cita en Ordes para os mini 3×3

No que toca aos máis pequenos, os mini do Santo Domingo Betanzos continúan a súa competición no Campionato 3X3 da Deputación da Coruña, nunha xornada que os medirá, en Ordes, a Culleredo, Deleite Baloncesto e Xiria Mini Blanco en partidos de ida e volta. A xornada comezará ás 10:15h da mañá e finalizará a última hora da tarde.

Comparte éste artículo
No hay comentarios