SOCANTUR celebra a súa clausura coa entrega de premios ao estudantado

O evento celebrou esta mañá a entrega de premios ao estudantado cos mellores traballos fin de máster e teses de doutoramento realizados sobre esta disciplina.

Esta mañá tivo lugar, no marco do V Congreso Internacional de Socioloxía e Antropoloxía do Turismo (SOCANTUR), o acto de clausura e a entrega de premios aos mellores TFM e teses de doutoramento realizados sobre esta disciplina.

O estudantado premiado foi o seguinte:

– 1º Premio á mellor tese de doutoramento: Ana Leiras Gómez da UDC, pola súa tese «Análise da imaxe proxectada e percibida dos destinos turísticos accesibles na era dixital».

-1º Premio ao mellor TFM: Aurora Ximena Zuloaga Sánchez, da Universidad de Guadalajara poloseu traballo «A vida despois do traballo. Os efectos da precariedade laboral na vida cotidiá dos traballadores de turismo en PuertoVallarta, Jalisco».

-Mención Honorífica á tese de doutoramento a Sergio Muiño Freire, da USC, pola súa tese «Turismo e desenvolvemento local en Santo André de Teixido».

-Mención Honorífica TFM a Lorena Márquez González da Universidad de La Laguna polo seu traballo «Os discursos turísticos sobre o pasado e a súaincorporación á cultura e identidade. O caso das Pirámides de Güímar(Tenerife)».

SOCANTUR constituiu durante estes días un espazo de encontro paraexpertos en Socioloxía, Antropoloxía e profesionais doutras disciplinas que traballan nos ámbitos académico, institucional, empresarial ou da sociedade civil organizada. Esta quinta edición centrouse na análise interdisciplinaria dos impactos socioculturais, políticos e económicos do sector, así como nos retos globais actuais, tales como a transición ecolóxica, a soberanía alimentaria, a descarbonización da economía e as desigualdades sociais e de xénero, co propósito de fomentar modelos de xestión turística responsables e sostibles.

O acto de clausura contou con representantes do Concello da Coruña e do comité organizador, así como dun gran número de docentes das Facultades de Socioloxía a Turismo da Universidade da Coruña.

Comparte éste artículo
No hay comentarios