A residencia de maiores da Xunta na Milagrosa recibe un premio pola súa implicación co Arde Lucus

A residencia de maiores da Milagrosa recibiu hoxe un dos premios Civitas Honoris que concede o Concello de Lugo pola súa implicación co Arde Lucus. O centro, que depende da Consellería de Política Social e Igualdade, súmase desde hai máis dunha década a esta festa incorporando o espazo Castra Invicta nas súas instalacións.

Na entrada do recinto e na fachada é patente desde hai días a decoración castrexa, con elementos elaborados polos propios residentes; algúns tamén se caracterizan, ao igual que membros do persoal. No acto de recollida do premio participaron o director territorial da Consellería, Óscar Viñas; a directora, María José Cortiñas, e un grupo de traballadores  e usuarios.

Comparte éste artículo
No hay comentarios