Candia destaca la “alta cifra de inscritos” en Lugo para el XXI Congreso Nacional del PP, que suponen el 27% del total de Galicia

A presidenta provincial, Elena Candia, participou en Lugo xunto ao presidente do PP local, Ramón Carballo, e afiliados do Partido Popular na xornada de votación nas asembleas para elixir ao candidato ao XXI Congreso Nacional do Partido Popular. “Alberto Núñez Feijóo é o futuro do noso país”, proclamou.

Candia puxo en valor a “alta cifra de inscritos” en toda a provincia que supera os 3.000 e supón o 27% dos participantes de toda Galicia e agradeceu “a súa mobilización” para participar dende distintos puntos da provincia neste proceso que permite “exercer o noso dereito ao voto”.

A mandataria popular sostivo tamén que “deberiamos ter tamén a oportunidade de votar ao próximo presidente do Goberno. Sánchez debería convocar eleccións xerais. Non se poden permitir feitos coma os que estamos coñecendo, claros exemplos de corrupción por parte de cargos do PSOE; algúns deles relacionados coa contratación de obras na liña ferroviaria entre Monforte e Lugo”. Tamén sinalou ao BNG como “cómplice” por apoiar o Goberno de Sánchez e pediulle que “reaccione”.

Elena Candia lembrou que “están habilitadas para votar na provincia sete mesas que abriron con normalidade ás 09.00 horas e que permanecerán abertas ata as 20.00 horas”, polo que convidou a tódolos inscritos a acudir a votar.

Os afiliados lucenses reuniran máis de 1.200 avais e no Congreso Nacional que se celebrará en Madrid do 4 ao 6 de xullo estarán representados por un total de 53 compromisarios.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios