Concentración apoio a Palestina en Corcubión

Este luns 16 de xuño, a Praza Castelao de Corcubión volveu a acoller unha concentración en apoio do pobo palestino.  Convocados pola Coordenadora Galega de Solidariedade con Palestina, e co apoio do BNG Costa da Morte, os manifestantes amosaron unha vez máis a solidariedade coa Palestina e coa resistencia do seu pobo. 

Xunto con outras mobilizacións realizadas en máis dunha trintena de municipios galegos, deuse apoio á chamada «Marcha a Gaza»: a marcha a pé por territorio exipcio até o paso de Rafah, onde o estado terrorista de Israel mantén retidos desde hai meses millares de camións cargados con axuda humanitaria. Unha marcha na que participan milleiros de persoas de máis de 50 países, entre eles da Galiza, para rachar o bloqueo a esa axuda humanitaria co que o sionismo pretende facer aínda máis dolorosas a fame e as enfermidades na faixa de Gaza e usalas para procurar unha rendición por inanición.

Comparte éste artículo
No hay comentarios