O sábado 28 de xuño Guido Guía e Patrimonea guiarán en Padrón

Esta mañá, no Concello do Padrón, a concelleira de turismo Chus Campos Varelao técnico de turismo Alberto Rey Castro, o guía de turismo Guido Álvarez Parga e o director do proxecto PatrimoneaDarío Rey Suárez, presentaron o xa anunciado paseo guiado «Descubrindo Padrón» que terá lugar o sábado 28 de xuño por terras padronesas.

Despois do grande éxito dos tres paseos guiados en conxunto por Guido Guía e Darío Rey (proxecto Patrimonea) en Touro e Arzúa, o concello de Padrón aposta por estes dous recoñecidos profesionais do turismo e da divulgación patrimonial, ambiental e cultural.

As persoas que queiran anotarse poden facelo -gratuítamente- a través do correo electrónico guidoguiaturismo@gmail.com, e a hora e lugar de encontro serán as 11h00 na Oficina de Turismo de Padrón. Terá unha duración de 3 horas.

Comparte éste artículo
No hay comentarios