“Besteiro escusa a corrupción do PSOE xunto a un alcalde agresor”, afirma Nicole Grueira

A portavoz do PP de Pol e deputada autonómica, Nicole Grueira, asegura que “o secretario xeral do PSdeG veu a Pol, coa complicidade do alcalde socialista, a botar balóns fóra dos casos de corrupción que estamos a coñecer nos últimos días vinculados ao PSOE”.

A popular considera “vergoñentas” as declaracións de Besteiro porque, primeiro, “non rexeita estas actuacións dentro do seu partido” e, segundo, “fala de condenas ao lado dun alcalde condenado por agresións. É bochornoso”.

Grueira insiste, ademais, en que “o alcalde e o goberno socialista de Pol non son ningún exemplo de boa xestión nin de transparencia”.

A voceira municipal recorda que “Pol é o Concello máis endebedado da provincia. Acumula unha débeda de máis de 3,5M€ -a razón de máis de 3.200€ por veciño- e 2,5M€ de facturas a provedores e da luz sen pagar dende o ano 2022. Todo o que tocan, o corrompen”.

Así mesmo, “o rexedor tamén imita ao presidente do Goberno e négase a dar explicacións da súa xestión e as súas prácticas ante a oposición no Pleno do Concello”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios