O autor Antón Rey, orixinario de Bos Aires, chega a Galicia para presentar a nova edición do seu libro «Son galego». Publicado inicialmente na Arxentina no ano 2002, esta obra foi reeditada por Medulia Editorial en 2025 e xa se atopa dispoñible nas librarías galegas.
A visita de Antón Rey representa unha oportunidade para coñecer de preto a súa obra e o vínculo que establece coa identidade galega desde a diáspora.
A obra será presentada este verán en San Xián de Torea (Muros), Santiago, Vigo, Ordes, Castroverde e Lugo. Participarán nestes eventos Suso de Toro, autor do prólogo, Henrique Monteagudo, presidente da RAG, María Xosé Porteiro, Xabier Romero, presidente da Asociación cultural Évame Oroza, e os compoñentes do grupo creativo Os Nabos de Gracián, entre outros.
Destacable o feito de que este autor recuperase a lingua galega, perdida na xeración do seu pai, nado en Montevideo. Escoitar a lingua de Rosalía no colo do seu avó, un de tantos emigrantes chegados ao Río da Prata, resultou decisivo.