O Grupo Municipal Popular de Lugo, única forza da oposición e lista máis votada nas eleccións municipais, denuncia a falta total de transparencia e diálogo por parte do goberno local na organización das festas do San Froilán.
A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro (BNG), vén de presentar un avance do cartel musical —con artistas como Tanxugueiras, Xoel López ou El Consorcio— sen informar previamente na Comisión de Festas nin permitir ningún tipo de achega por parte do PP, que conta cunha batería de propostas preparadas pero que, ata o de agora, non puido presentar debido á falta de canles reais de participación.
Na última reunión da Comisión non se compartiu ningún contido do programa nin se deu oportunidade para o diálogo. Agora, enterámonos pola prensa. Esta maneira de actuar demostra a súa nula intención de conseso. Isto é simplemente un engano.
Dende o PP reclamamos respecto institucional e un cambio de actitude urxente por parte do goberno local. O San Froilán é patrimonio de todos os lucenses, e non pode seguir sendo xestionado de forma opaca, excluínte e partidista.
Non debemos esquecer que o goberno local manexa un orzamento de cerca de un millón de euros de todos os lucenses para estas festas.