Sergio Alba pecha o bloque de funcións este venres 27 ás 20.15 no Auditorio Municipal de Agolada,»Dous rombos… pasa para a cama»

O artista ulloán, pecha este venres 27 ás 20.15 no Auditorio Municipal de Agolada, o primeiro bloque de funcións deste espectáculo, que retomará o seu percorrido, tras o parón estival.

Unha función en cada provincia galega. Como foi a experiencia?

A verdade, é que o «feedback» co público que asistiu ás funcións, foi moi bó. Gustounos percorrer recintos tan dispares co espectáculo, e ter tan boa acollida en todos eles.

Eu, quería pechar este bloque de actuacións en Agolada, en vésperas dunhas festas que son moi especiais para todos os que vivimos na contorna, porque eran (e son), coma o pistoletazo de saída das grandes festas do verán. É un punto de encontro moi bonito.

Cal cres que é o éxito do show?

Principalmente, que a xente se sinte identificada con moitas das cousas que contamos, sempre en clave de humor. É coma esa frase recurrente en televisión de «baseado en feitos reais». 

Case todo o que se conta, pasoume a mín ou a coñecidos. Trátase de meter a man no calcetín, e darlle a volta para verlle as costuras e, de paso, rirnos delas. Todas e todos, temos partes do noso pasado, que precisamos transformar en comedia. É unha excelente terapia.

Hai moita diferenza entre aquela sociedade dos dous rombos, e a actual?

Está claro, que desde o punto tecnolóxico, sí. En canto a liberdades, evidentemente evolucionaron moitas cousas a mellor, pero hai aínda asignaturas pendentes.

E despois, segue habendo cousas que por desgraza, non cambian e sempre están, coma os personaxes casposos, as guerras e guerrillas froito do egoísmo e odio irracional do ser humano… etc.

Por iso, é tamén tan recomendable traballar o sentido do humor e relativizar moitas cousas da nosa vida cotiá, que derivan despois en problemas.

E que temos que facer para asistir ao espectáculo do día 27 en Agolada?

Pois adquirir unha entrada anticipada antes do xoves 26 en calquera dos establecementos colaboradores, ou tamén no auditorio o día do espectáculo. Ímolo pasar ben.

Comparte éste artículo
No hay comentarios