Roteiro siempre en Galicia. Sempre con Castelao, con Pilar García Negro

Unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.

Esta iniciativa da AELG pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.

O roteiro literario Sempre en Galiza. Sempre con Castelao, guiado por Pilar García Negro, xirará arredor dos seguintes eixos:

– Tempo vital e histórico de Castelao.

– Artista, escritor, político nacionalista, patriota galego.

Exilio e obra derradeira. Sempre en Galiza.

Terá lugar o sábado 28 de xuño, a partir das 12:00 horas, na cidade da Coruña. O punto de saída é: Xardíns dos Cantóns, diante do busto dedicado a Castelao. Non é necesaria inscrición previa.

Comparte éste artículo
No hay comentarios