O proxecto LugoNaturalMente da UNED de Lugo, seleccionado entre os 10 mellores nos premios “Europa Se Siente” do MITECO

O proxecto LugoNaturalMente, impulsado pola UNED de Lugo, foi seleccionado como semifinalista nos premios nacionais Europa Se Siente, tras superar unha fase de selección extremadamente competitiva na que se presentaron un total de 231 proxectos financiados por sete fondos europeos distintos.

Este prestixioso certame, organizado pola Secretaría Xeral de Fondos Europeos do Ministerio de Facenda, recoñece as iniciativas máis innovadoras e transformadoras desenvolvidas en España con apoio de fondos europeos, valorando o seu impacto económico, social e ambiental.LugoNaturalMente foi elixido entre os dez mellores proxectos da súa categoría, pasando así á seguinte fase do concurso xunto a outras 59 iniciativas destacadas nas seis categorías do certame. Esta selección confirma a relevancia e calidade do traballo desenvolvido desde a UNED de Lugo en materia de sustentabilidade, participación cidadá e educación ambiental.

Este recoñecemento nacional pon en valor un proxecto que nace do territorio, escoita á cidadanía e traballa desde a universidade para ofrecer solucións reais aos retos ambientais e sociais. Desde a UNED de Lugo valórase especialmente esta selección, que recoñece o traballo conxunto desenvolvido no marco de LugoNaturalMente e a oportunidade de estar entre un grupo de proxectos de elevada calidade que ofrecen 
esperanza.

Comparte éste artículo
No hay comentarios