A Xunta de Galicia e o Concello de Sarria están a traballar na definición dun proxecto de mellora urxente do Estado Municipal da Ribela que permita afrontar as necesidades formuladas pola Sarriana S.D. tras a recente consecución do ascenso á Segunda RFEF.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria, Claudio Garrido; o edil de Deportes, Félix Seijas; e a voceira do Grupo Municipal do Partido Popular, Carmen José López, para coñecer de primeira man as necesidades prioritarias e concretar un escenario de colaboración económica.
No encontro, celebrado na Delegación Territorial, Javier Arias comprometeuse a “cuantificar e confirmar nun breve prazo de tempo o compromiso do investimento da Xunta, coa finalidade de que as reformas que se pacten poidan comezar a executarse o antes posible”.