Máis de 18.000 atletas de todas as idades participaron nas Carreiras Populares e no Circuíto de Atletismo en Pista da Deputación da Coruña

 O deputado de Deportes, Antonio Leira,  o vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Eladio Gómez Rosales, e a deputada María del Mar Méndez  participaron esta na tarde en ExpoCoruña no acto de entrega dos premios do X Circuíto Provincial de Carreiras Populares e do II Circuíto de Atletismo en Pista, que congregaron durante o ano a máis de 18.000 participantes.

A Deputación e Federación Galega de Atletismo colaboraron na organización das 35 carreiras populares celebradas esta tempada noutros tantos municipios coruñeses e na II edición do Circuíto de Atletismo en Pista, dirixido a atletas menores de 14 anos, que se celebrou a finais de 2024 nas cidades da Coruña, Santiago e Ferrol.

Leira felicitou aos máis de 150 gañadoras e gañadores nas distintas categorías e agradeceu a gran participación coa que contaron todas as probas, así como a extraordinaria labor de organización e coordinación que leva a cabo a Federación Galega de Atletismo para posibilitar que no circuíto poidan participar o máximo número de concellos e de deportistas de todas as idades.

Entre os atletas proclamáronse vencedores na categoría absoluta Ariadna Modia Caridad (Atletismo Riazor Coruña) e Esteban Díaz Pérez (Club Atletismo Narón).

Foron premiados tamén outro medio centenar de atletas que obtiveron as mellores puntuacións nas diferentes categorías, desde benxamíns ata veteranos.

No pódium por equipos, o Club Atletismo SAR  proclamouse vencedor na categoría absoluta masculina e segundo na feminina e  a SD Compostela Atletismo vencedor na categoría absoluta feminina e segundo na categoría absoluta masculina. O terceiro posto en absoluto feminino foi para a Asociación Deportivo Olimpia e na categoría masculina para o Club Noitebra.

En canto ás categorías de menores, os galardóns para os equipos femininos foron para o Club SD Compostela Atletismo, Atletismo Tambre e Atletismo Noia, mentres que os equipos masculinos gañadores foron SD Compostela Atletismo, Atletismo Tambre y Club Triatlon Compostela.

CATEGORIA ABSOLUTA FEMININA

1.- Adriana Modia Caridad     (Club Atletismo Riazor Coruña)

2.- Silvia Sánchez Bascoy   

3.- Elvira Tresguerras González       (Club Atletismo Sar ) 

CATEGORIA ABSOLUTA MASCULINA

1.- Esteban Díaz Pérez     (Club Atletismo Narón)

2.- Jaci Augusto Mello Birkhan     (Club Atletismo Boimorto)

3.- Adrián Garabato Lagares   (Club Atletismo Santiago)

CLUBS ABSOLUTO FEMININO

1.- SD Compostela Atletismo            3.453,0 puntos

2.- Club Atletismo SAR                      2.693,5 puntos

3.- Asociación Deportiva OLIMPIA   1.650 puntos

CLUBS ABSOLUTO MASCULINO

1.- Club Atletismo SAR                     5.641,5 puntos

2.- SD Compostela Atletismo            4.011,0 puntos

3.- Noitebra                                        2.908,5 puntos

CLUBS MENORES FEMENINO

1.- SD Compostela Atletismo            3.182,5 puntos

2.- Atletismo Tambre                         2.246,5 puntos

3.- Atletismo Noia                              2.138,5 puntos

CLUBS MENORES MASCULINO

1.- SD Compostela Atletismo            3.419,5 puntos

2.- Atletismo Tambre                         3.161,5 puntos

3.- Club Triatlon Compostela           2.724,0 punt

Comparte éste artículo
No hay comentarios