No 2022 dende a Asociación de Veciños de Ferrol Vello iniciamos un camiño acompañados da Autoridade Portuaria co obxectivo de homenaxear a todos os homes e mulleres que traballaron e traballan no mundo tanto da pesca como das factorías de transformación deste peixe.
Este evento chámase «VENTOS DE BACALLAU E PYSBE- de Ferrol a Terranova«.Facémolo cunhas xornadas compostas de parte Cultural, Musical e Gastronómica, que son cultura todo pero separamos para explicar como é o contido dos actos que facemos cada ano. Unha parte de Conferencias e Mesas Redondas, outra parte de Actuacións Musicais e a parte gastronómica con clases de cociña e degustacións varias do peixe que é motivo principal do evento. Incrementando cada ano a calidade e variedade de actos do evento e afondando no camiño de promover a creación en Ferrol Vello do Museo das Xentes do Mar.
a![]()