As piscinas de Antas de Ulla volven a abrir as portas tras unha investimento de 40.000 € para a súa recuperación

O Concello destinou fondos propios para rehabilitar unhas instalacións que permaneceran pechadas durante anos.

As piscinas municipais de Antas de Ulla abriron onte, 1 de xullo, oficialmente ao público tras finalizar os traballos de recuperación e posta a punto realizados polo Concello. A actuación, que supuxo un investimento de aproximadamente 40.000 euros con fondos propios, pon fin a un longo período no que algunhas das instalacións estiveron fóra de uso.

A alcaldesa, Pilar García Porto, explicou que “era un compromiso por parte do Goberno Municipal recuperar as instalacións das piscinas e darlles un uso diferenciado da zona deportiva”. Tamén destacou que a intervención realizouse de maneira progresiva nos dous últimos anos, centrada na mellora das condicións de uso e seguridade.

“Fixemos un investimento ao longo destes dous anos para poñer en funcionamento e recuperar estas instalacións de en torno a 40.000 euros co esforzo económico do propio Concello”, afirmou a alcaldesa, quen tamén destacou que é o terceiro año consecutivo que as piscinas abren as súas portas, “é dicir, dende a nosa chegada ao goberno” subliña.

García Porto sinalou que esta apertura forma parte dun plan máis amplo de reorganización dos espazos públicos do municipio, destacando que “estamos traballando xa tamén neste momento na diferenciación de espazos deportivos e de espazos de lecer como son as piscinas”.

A alcaldesa tamén puxo en valor o enfoque do actual equipo de Goberno na recuperación de infraestruturas municipais e afirmou que “isto forma parte do plan de traballo que se leva a cabo dende o equipo de Goberno para recuperar instalacións que estaban totalmente abandonadas polo Goberno anterior”.

As piscinas permanecerán abertas durante toda a tempada de verán, dende o día 1 de xuño ata o 31 de agosto. O horario de apertura será de luns a venres, de 12:00 ata as 14:00 horas e de 16:00 da tarde a 20:00 horas. Durante os fins de semana e festivos abrirán de 12:00 a 20:00 horas de xeito ininterrompido. Os luns permanecerán pechadas por tarefas de mantemento e para garantir o descanso do persoal.

Antes da apertura oficial deste 1 de xullo, as instalacións xa estiveron en funcionamento durante unha fin de semana con motivo da celebración do torneo deportivo Antas Cup.

Comparte éste artículo
No hay comentarios