Cultura da Deputación da Coruña presenta os 20 gañadores do I Fondo de apoio a proxectos culturais singulares para a mellora social

A deputada, Natividade González, sinalou que, dende o departamento de cultura, “cremos firmemente no valor da cultura como motor de cohesión social, de identidade, innovación e de transformación da sociedade. Desa convicción nade este certame, destinado a apoiar propostas diversas de colectivos moi comprometidos co territorio.

O Pazo Provincial da Deputación da Coruña acolleu esta mañá un encontro coas 20 empresas gañadoras do I Fondo de apoio a proxectos culturais singulares para a mellora social. Trala presentación inicial da deputada de cultura, Natividade González, e a explicación técnica da xefa de sección de cultura e deportes, Manuela Lorenzo, as persoas representantes de cada proxecto explicaron en que consistía a súa proposta.

Este certame reparte un total de de 298.433 euros entre os 20 proxectos premiados, en achegas de entre 7.500 e 22.500 euros. O obxectivo é apoiar os iniciativas culturais que desenvolven propostas en lingua galega de interese para campos de acción social como os seguintes: igualdade, dereitos civís, respecto á diversidade, respecto ambiental, aumento de estímaa colectiva e cohesión social, integración social, sensibilización patrimonial e identidade local, memoria democrática etc.

A deputada, Natividade González, sinalou que, dende o departamento de cultura, “cremos firmemente no valor da cultura como motor de cohesión social, de identidade, innovación e de transformación da sociedade. Desa convicción nade este certame, destinado a apoiar propostas diversas de colectivos moi comprometidos co territorio”. González engadiu que “veremos formatos moi diferentes con linguaxes moi diversas, pero todos estes proxectos achegarán a cultura a todos os recunchos da provincia e promoverán un impacto positivo na comunidade, promovendo a inclusión, a igualdade, a sostibilidade e o acceso á cultura desde enfoques creativos e comprometidos co territorio”.

As persoas representantes dos proxectos premiados explicaron as súas propostas e agradeceron o apoio da Deputación da Coruña, afirmando que “de non ser por este certame, moitos destes proxectos non verían a luz xa que non teñen unha orientación lucrativa”.

Proxectos premiados

• Laura Romero presenta o proxecto “Cores e rock para un ecoloxismo molón” con Pakolas, que xunta música e ilustración nun espectáculo para un público infantil, destinado concretamente a colexios pequenos e Unitarias.

• Maria Victoria Teijeiro Alvarez. “ComunitArte: Comunicación, Comunidade e Arte” que pon o foco na inclusión a través de representacións nas rúas con e sen diversidade funcional. 

• Juan Pablo Rodriguez Santiago. “Antes aquí había un muíño” pretende recuperar a memoria do muiño da Gramela, na Agra do Orzán a través de intervencións artísticas, obradoiros, accións poéticas ou unha exposición fotográfica no barrio para traballar os vínculos da comunidade.

• Zinthia Del Valle Alvarez Palomino. “A Coruña entre memorias. Historia, colonialismo e identidade.” A través de actividades de investigación e divulgación analiza a pegada colonial na Coruña, urbanización, no patromonio, e identidade local, e recoñecer o papel esencial de grupos de persoas inferiorizados e visibilizar experiencias e memorias.

• Aantena.  “Eco de sol”. Proxecto interdisciplinar de teatro, memoria e participación cidadá para reflexionar sobre identidade e territorio.

• Rebordelos.“Regatos polo aire”. Curta documental que captura o saber, as ferramentas e o proceso de elaboración das sellas, así como a relación da cultura galega coa auga e o proceso cultural que se está perdendo. Tamén inclúe concertos en fontes da Coruña.

• Azul Mais Verde. “Tempos para compartir: Espeteiras comunais na area”.Recuperar o imaxinario e crear conciencia medioambiental promovendo a inclusión social a través das espeteiras, un moble tradicional, que se instalarán en diferentes praias de concellos da Costa da Morte.

• Elefante Elegante. Proxecto de mediación integral que fomenta a xeración de públicos e a activación do pensamento crítico arredor da temática de alta costura, espectáculo que reflexona sobre a industria textil e as súas consecuencias socio – ambientais.  

• Nos Television. “O Vagón, videopodcast televisivo da cultura galega”. Unha viaxe en tren conducida polo xornalista Luís Pardo e a influencer @todomalva  

• Artyc Content. “Becho”. Curtametraxe de animación baseada nunha historia real que aborda a ansiedade social dunha persoa non binaria, que habita nun novo contexto poñendo o foco nos seus sentimentos.  

• Work On Sunday. “Amplificando a memoria”. Investigación patrimonial da familia Portela Seijo a través dunha instalación sonora; sesións de escoitas comisariadas por artistas e colectivos locais e internacionais, e un panel didáctico.

• Despunte. “Martinete: maquetas accesibles do patrimonio industrial coruñés”. A actuación principal é a realización dunha maqueta interactiva e accesible dun martelo de foxo hidráulico para divulgar o patrimonio industrial galego de forma accesible. 

• Iago Gordillo Trigo. “Xogo galego”. Un proxecto destinado a localizar videoxogos en galego, creando un catálogo de videoxogos en galego, dinamizándoo e cunha campaña de difusión do mesmo.

• Tarabela Creativa. “Cruzar sen mirar”. Un videopodcast que ten como elemento principal un espello, e que fala sobre a inmigración da man de diferentes ONGs e entidades para facer un proceso previo de investigación. 

• Laboratorio Escenico. “Miña casiña, meu lar” é un proxecto teatral de identidade galega para defender os barrios – concretamente, Montealto – e o dereito á vivenda, que aborda a cuestion de clase, patrimonio e cohesión.

• Charlatana. “Herdeiras dun mar de madeira”. Proxecto documental que nace da inquedanza sobre unha historia familiar vinculada á carpintería de Ribeira.

• Xosé Antón Moure. Documental sobre a vida de Alexandre Finisterre: inventor, loitador pola liberdade, antifascista e creador comprometido coa cultura.

• Serea Producións. “Antes de que o leve o vento”. Historia audiovisual sobre unhas pequenas sementes e a súa trazabilidade para poñer o foco no que comemos para atopar e dar a coñecer as sementes autóctonas galegas.

• Ciencia Galega Industrias Creativas. “Ciencia é Nome de Muller”. Documental e unidade didáctica sobre as científicas coruñesas da actualidade e os seus referentes.  

• Aqueladas. “Marzo 68”. Documental interactivo enfocado á rapazada sobre o peche de estudantes na USC en marzo do 68, precedente á primavera francesa.

Comparte éste artículo
No hay comentarios