Insubmisas contra o Rearmamento: Asemblea aberta en Vigo contra o rearmamento

Desde Insubmisas contra o Rearmamento – Vigo queremos facer un chamamento amplo e urxente á participación cidadá fronte á crecente militarización e o aumento do gasto armamentístico promovido polos gobernos europeos e a industria bélica.

Convocamos unha asemblea aberta o vindeiro venres 11 de xullo ás 20:00 horas no salón de actos do centro parroquial Cristo da Victoria (Vigo), co obxectivo de compartir información, organizar a resposta social e artellar alternativas en defensa da paz, da vida e dos dereitos colectivos.

A situación global empúrranos cara a un novo ciclo de conflitos, mentres se destinan milleiros de millóns de euros ao rearmamento, en detrimento dos servizos públicos e das necesidades básicas da poboación. Fronte a isto, cómpre construirmos unha resposta popular forte, feminista e antimilitarista.

Animamos a todas as persoas, colectivos e organizacións comprometidas coa xustiza social e a desmilitarización a participar e sumar forzas nesta loita.

Nin guerras, nin rearmamento, nin OTAN. Bases fóra.

Pola paz con xustiza social. Participa e difunde!

Comparte éste artículo
No hay comentarios