Un 20% das e dos asistentes proceden de fóra de Galicia: Portugal, Reino Unido e Italia concentran a demanda internacional; mentres que Asturias, Castela e León e Madrid lideran as vendas no resto de comunidades.
Máis de 17.000 persoas asistirán aos directos de presentación de Buenas Noches, o novo disco de Quevedo, os días 26 e 27 de setembro no Coliseum da Coruña. A cidade herculina acollerá os únicos concertos que o artista canario faga neste 2025 no noroeste peninsular, dúas noites consecutivas nas que o púbico poderá gozar dun espectáculo cun novidoso formato 360o.
Mentres que para o directo do venres 26 de setembro o Coliseum pendurou o cartel de “entradas esgotadas” con cinco meses de antelación, a segunda das citas -que conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da iniciativa Concertos do Xacobeo, e coa colaboración do Concello da Coruña-, a segunda das citas xa vendeu máis do 70% dos billetes dispoñibles, e conta con zonas con prazas gotadas (como tendido medio) ou a piques de facer o mesmo (como pista). As últimas entradas dispoñibles están á venda en www.entradas.com.
Buenas Noches Tour comezou o pasado mes de febreiro en Madrid, onde o artista canario esgotou as entradas do Movistar Arena tres días seguidos. Desta volta, Quevedo presenta un espectáculo único no que, a través dunha produción do máis alto nivel, o cantante consolida a súa madurez persoal e artística.
Os concertos na Coruña perfílanse como unha das grandes citas musicais do ano en Galicia. A proba non é outra que a demanda que están a xerar os concertos entre o público prodecente doutras comunicades autónómas (un 15% das e dos asistentes proceden de fóra do país, sendo Asturias, Castela e León e Madrid as que que concentran a maior porcentaxe de vendas) e, incluso, doutros estados: un 5% das persoas que xa posúen a súa entrada residen fóra de España. Portugal, Reino Unido e Italia lideran a demanda internacional.
QUEVEDO
Pedro Luis Domínguez Quevedo, máis coñecido polo seu nome artístico, Quevedo, nace en Madrid o 7 de decembro de 2001. Con tan só 4 anos múdase a Gran Canaria, de onde é a meirande parte da súa familia e o lugar no que se sinte na súa casa. Así, o seu traballo vese influenciado pola cultura musical da illa, o hip-hop e os ritmos latinos, principalmente.
Buenas Noches é o seu esperado segundo álbum de estudio, un traballo discográfico que que amosa unha nova perspectiva vida e do mundo ao seu redor; e co cal o artista canario propón redefinir a escena internacional da música urbana en castelán. Cunha innovadora combinación de ritmos impactantes, letras magnéticas e o estilo inconfundible de Quevedo, este LP é, sen dúbida, un dos grandes discos do 2024.
Onte mesmo, e cumprindo coa tradición de publicar novos temas o 7 de xullo, o artista lanzaba TUCHAT, candidata a ser canción do verán. Trátase dun reggaeton íntimo que fala dunha historia de amor complexa, na que se ve a Quevedo pendente do móbil, coméndoo cos ollos á espera dunha mensaxe de “Kassandra”. O tema, producido por BLUEFIRE, GIO, GARABATTO e Pana YMB, conta cun videclip dirixido por Héctor Herce e producido por The Movement e DQE Productions.