Lugo acolle estes días a décima edición do Campus de Baloncesto Álex Llorca, que se desenvolve do 7 ao 13 de xullo co apoio da Xunta. Este ano participan un total de 147 rapaces e rapazas, con idades comprendidas entre os 8 e os 18 anos, procedentes de Galicia e doutros puntos de España, como Ponferrada ou Madrid.
A Delegación Territorial acolleu hoxe unha recepción aos participantes, que contou coa presenza dodelegado territorial, Javier Arias; o propio xogador Álex Llorca e Rubén Engroba, en representación da organización, entre outras persoas.
Os rapaces desfrutan esta semana de adestramentos para mellorar a súa técnica e as súas capacidades físicas, xunto con outra programación deportiva e de ocio. Unha das actividades destacadas desta ediciónserá unha exhibición de mates de baloncesto.