O equipo formado por Ramón Xenxo López, Roi Freixedo y Javier Delgado proclamouse campión da copa S.A.R. princesa de Asturias celebrada en Oviedo entre o 10 e o 13 de xullo. Asimismo Roi acadou o segundo posto no campionato xuvenil, Javier quedou cuarto en Xenxo noveno en dito campionato, tamén na copa Elba Carracedo acadou o terceiro posto en sub23 feminino e Yeray Penedo Quito en sub23 masculino, en cadete masculino Gabriel Oballos acadou o noveno posto e Breixo García o décimo primeiro, en infantil masculino Mauro Fernández acadou a prata en alevín feminino, Luz Parada conqueriu a mellor puntuación e Lúa Campo a terceira.
Dende a federación, felicitan a todos os participantes e declaran ter os obxectivos cumpridos por unhas boas clasificacións, na espera de celebrar o campionato galego de tiro olímpico a celebrar en setembro en Lugo.![]()