O CITEEC lanza o concurso fotográfico CITEEConto… o que vexo! sobre Edificación e Enxeñaría Civil

O CITEEC pon en valor a Enxeñaría Civil e a Edificación cun concurso fotográfico aberto a toda a comunidade.

O Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) da Universidade da Coruña, dentro do programa do seu 25 aniversario, lanza un concurso fotográfico co obxectivo de recoñecer a transcendencia da Enxeñaría Civil e da Edificación no mundo: CITEEConto… o que vexo!

Nesta liña, o tema principal do concurso é Edificación e a Enxeñaría Civil en calquera dos seus ámbitos e permite total liberdade estética e conceptual. Contará con tres premios:

• Un primeiro premio de 600 euros

• Un segundo premio de 300 euros

• Un terceiro premio de 150 euros

Ademais do premio económico, os gañadores dos concursos serán galardoados cunha figura conmemorativa e un diploma. 

Pode participar calquera persoa maior de 18 anos que sexa residente en España coa presentación dun máximo de 3 fotografías inéditas, se ben non poderá recibir máis dun premio. Consulta nesta ligazón toda a información e as bases do concurso.

O prazo de presentación das obras permanecerá aberto dende hoxe ata o venres 12 de setembro de 2025.

Comparte éste artículo
No hay comentarios