O PP de Pol pregunta a Lino Rodríguez se está a cumprir toda a normativa vixente no uso do autobús municipal

Nicole Grueira recorda que o uso do bus está recollido no artigo 105 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de Ordenación dos Transportes Terrestres que, ademais da prohibición de transportar menores, establece condicións como que o condutor teña unha relación laboral co Concello e o CAP en vigor, entre outras.

A voceira do Partido Popular de Pol, Nicole Grueira,pregunta a Lino Rodríguez “se está a cumprir con toda a normativa vixente” que regula o uso do autobús municipal que mercou o ano pasado.

Neste senso, Nicole Grueira explica que esta semana recibimos varias queixas alertando de que “segundo a normativa actual este bus non pode realizar o transporte de menores de idade, algo que segundo nos din non se está a cumprir”.

O artigo 105 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de Ordenación dos Transportes Terrestres regula o uso deste autobús e estable:

– Os transportes oficiais que realicen os órganos da Administración, como actividades integradas dentro das do seu propio funcionamento interno, sempre que vaian dirixidos a solucionar as necesidades de desprazamento de persoas ou mercadorías que a actividade administrativa dos devanditos órganos ocasione terán a consideración de servizos privados complementarios, pero non estarán suxeitos á autorización prevista nos artigos anteriores, sendo aplicables respecto ao control dos mesmos as normas internas de organización administrativa que lles afecten, sen prexuízo do seu sometemento ás normas de transporte que lles sexan aplicables

Polo tanto, Lino Rodríguez debe cumprir as seguintes condicións no uso do bus:

– Que o condutor sexa unha persoa cunha relación laboral directa co Concello de Pol

– Prohibición de transportar menores de idade

– Uso de tacógrafo en desprazamentos superiores a 50 quilómetros

– O condutor debe de ter o CAP en vigor

Ante esta situación, Nicole Grueira pregunta a Lino Rodríguez “se é certo que está a transportar menores, que ocorrerá no caso de que se produza calquera imprevisto”. “Se se confirma este extremo queda claro que a irresponsabilidade do alcalde superou calquera tipo de límite”, sinalou.

Ademais, a voceira popular recorda que “queremos acceder ao expediente completo do bus para coñecer todos os usos que se lle están a dar, así como todas as cesións que se realizan e as condicións que rexen as mesmas”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios