Os días 24 e 25 de xullo celebraranse os actos centrais dunha edición que xa comezou con éxito e novidades, consolidando As Neves como referente do tinto Rías Baixas.
Mércores, 23 de xullo. O Concello de As Neves ultima os preparativos para a XIX Festa do Tinto Rías Baixas, que terá os seus días grandes o 24 e 25 de xullo. Esta edición consolídase como un evento clave para a promoción dos viños tintos da Denominación de Orixe Rías Baixas.
A programación xa arrancou con notable éxito:
- Andaina enoturística por Rubiós: O pasado sábado, veciños e visitantes desfrutaron dun percorrido que combinou viño, natureza e patrimonio, rematando cunha degustación.
- Charla técnica especializada: O enólogo Juan Carlos Vázquez Abal abordou a importancia da fertilidade do viñedo na calidade dos mostos.
- ‘Cata a Cegas’ única: O Mercado Municipal acolleu unha innovadora cata sensorial, na que participantes de diversas procedencias (incluída Francia) descubriron os tintos da DO Rías Baixas (Sousón, Espadeiro) usando antifaces, potenciando o resto dos sentidos.
Actos centrais da festa
Xoves, 24 de xullo:
- 19:00h: Obradoiros infantís no Mercado Municipal.
- 20:00h: Inauguración oficial na Praza Maior, coa presenza de Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra, seguido do tradicional corte de cinta e brinde.
- Música: Pandereteiras de Vide (20:00h), Son das Tabernas (22:30h) e DJ Pitty (01:00h).
- Cea Maridaxe: Unha experiencia enogastronómica con catro pratos e catro tintos perfectamente maridados.
Venres, 25 de xullo:
- 11:00h: Recepción de Confrarías (nacionais e internacionais) e autoridades na Casa do Concello.
- Pasarrúas: A banda de gaitas “Os Atrancalevadas” animará a mañá.
- 12:30h: Pregón a cargo do recoñecido actor, guionista e monologuista Federico Pérez Rey. Intervirán a concelleira de Turismo e o alcalde.
- Irmandamento: O Tinto Rías Baixas irmandarase co Tinto Sumius da Rexión do Viño Verde (Portugal), un acto que reforza lazos transfronteirizos.
- Tarde de ocio: Actividades acuáticas infantís (17:00h) e música con Charanga A Sorcha (18:30h) e Susana Seivane (22:30h).
- 23:30h: Festival «Requesound» no aparcadoiro do colexio, con DJ e showman nacional Jorge Cremades, acompañado por Dumore, Groove Amigos, Muiños, Manu Pérez, DJ Crazy e Pau D’Afonso como speaker.
Novidade sustentable: os corchos convértense en camelias
Como novidade desta edición, a organización habilitará un punto de recollida de corchos na carpa principal. Ao remate da festa, os corchos recollidos serán intercambiados por camelias, que se plantarán nas diferentes parroquias do municipio. Esta iniciativa busca fomentar a reutilización, a sustentabilidade e a promoción da camelia, flor de gran valor simbólico na vila.
«Queremos que cada botella compartida deixe tamén un rastro de vida e cor nas parroquias de As Neves”, sinalou o alcalde, José Manuel Alfonso.