O escritor porteño Antón Rey presenta o libro “Son galego” en Castroverde, última parada desta xeira por Galicia, xusto antes de regresar a Bos Aires. Será o venres 1 de agosto ás 20 horas, no Centro Sociocultural Paco Pestana. Trátase dunha reedición dun poemario publicado no ano 2002 na Arxentina. O autor recupera o uso oral e escrito do galego que levou o seu avó a América cando emigrou dende San Xián de Torea, Muros, no 1927.
Estará acompañado polo Grupo Creativo Os Nabos de Gracián. Así mesmo, actuará o cantautor Carlos Attadía, tamén porteño, que reside hai anos no Bierzo.