Arde Galicia: Un día de lumes e alerta máxima

Galicia viviu hoxe unha xornada con múltiples focos de incendios, aínda que, polo de agora, todos de pequeno porte. A situación mantén en alerta a gran parte do territorio, con especial atención ao sur da comunidade.

Entre os puntos afectados, rexistráronse incendios en:

  • Arbo (distrito XVII)
  • Monte Penaguda (Dena)
  • Vincios (Pontevedra, distrito XVII)
  • Polígono de Nantes (zona Costa Feira)
  • Ribas de Sil (Augas Pequenas)
  • Un pequeno foco en Camariñas (Costa da Morte)
  • Cartelle (distrito XII)
  • Carballedo (distrito DVII)
  • Vincios en Gondomar (distrito XVII)
  • Sanxenxo en Pragueira (distrito XIX)
  • E o último incendio da imaxe en Vilardevós (distrito XIV)

Incendios controlados e alerta mantida

A Consellería de Medio Rural confirmou que os incendios de Cerdedo-Cotobade e Salvaterra de Miño foron oficialmente controlados. En Salvaterra, onde as chamas arrasaron 30 hectáreas, os reténs aínda traballan arrefriando a zona. Afortunadamente, a dirección do vento xogou a favor da localidade, afastando o lume dos núcleos de poboación e evitando unha desgraza maior.

Actualmente, algunhas localidades do sur de Galicia permanecen en risco extremo, mentres que case o resto do territorio galego se atopa en nivel laranxa de alerta por incendios. A vixilancia e a precaución son, polo tanto, máximas.

Fotografía.Vilardevós hoxe pola tarde

Comparte éste artículo
No hay comentarios