Ourense está perdendo o seu patrimonio natural en silencio e sen apenas reacción. Nunha cidade con condicións climáticas extremas, a xestión actual, cualificada como «negacionista», está a danar gravemente os poucos espazos verdes dos que dispón a urbe.
A situación é patente en varios puntos chave:![]()
- Na intermodal, as fontes permanecen inoperativas mentres a vexetación seca supón un risco real de incendio.

- No «Campus da Auga», as árbores loitan por sobrevivir á seca, mentres outras, de incalculable valor, foron talladas sen control ou pereceron debido a «decapitacións, estrangulamentos ou formigonados».
Este desolador panorama contrasta co gasto público nun Servizo de Parques e Xardíns privatizado, que custa aos ourensáns máis dun millón de euros ao ano. Mentres gran parte da flora da cidade agoniza por falta de auga ou tratamentos inadecuados, noutros puntos os aspersores regan descontroladamente, mesmo o formigón. Un auténtico desequilibrio, negacionismo e brutalidade que leva á morte da nosa riqueza vexetal.



É unha profunda mágoa e impotencia ver como Ourense, o seu patrimonio vivo, morre entre todos e todas.