Javier Arias reúnese co comunicador Fran Lorenzo para coñecer o seu proxecto “Galicia Nómada”

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha xuntanza co comunicador Fran Lorenzo para coñecer o seu proxecto audiovisual “Galicia nómada”.

Arias felicitou ao lucense pola proxección que está a lograr con esta proposta, que acumula máis de 500 vídeos e miles de seguidores nas redes sociais e dará agora o salto á televisión con catro episodios sobre Lugo que emitirá o canal Moto ADV, dispoñible en varias plataformas.

Nas súas creacións amosa os percorridos que fai en moto, deténdose nas paisaxes, a cultura e o patrimonio que vai atopando, e achegando testemuñas das persoas que viven, traballan e coñecen cada territorio.

Comparte éste artículo
No hay comentarios