O Grupo Municipal Popular manifestou hoxe no Pleno o seu apoio á integración da Escola de Enfermaría de Lugo, sempre que se asegure o máximo grao de autonomía para o centro, co obxectivo de que poida aspirar nun futuro á creación dunha facultade propia.
Desde o PP lamentamos que PSOE e BNG rexeitasen a proposta que presentamos ao alcalde, que tiña un único fin: mellorar a iniciativa que chegaba ao Pleno e dar un paso máis nesta cuestión.
“A nosa proposta era construtiva, pensada para que Lugo siga gañando peso no ámbito sanitario e universitario. Non entendemos a negativa do goberno local”, sinalaron os populares.
O PP insiste en que Lugo non pode perder oportunidades para reforzar a súa oferta universitaria e reclama ao goberno local máis ambición e consenso nas decisións que afectan ao futuro da cidade.
Ademais, desde o PP cuestionamos a falta de palabra e de liderado do alcalde de Lugo, que demostra unha xestión baseada na confrontación e na improvisación:
“É un alcalde provocador, non é crible, unha persoa pouco de fiar. Un alcalde que ou engana ou o desautorizan: chega a acordos ás nove e desdise ás dez. Un home sen palabra e sen liderado, incapaz de xerar consensos para que Lugo avance”.
ENMENDA
O Grupo Municipal do Partido Popular propón a seguinte EMENDA DE SUBSTITUCIÓN aos puntos de acordo:
Primeiro.
O Pleno do Concello de Lugo apoia o proceso de acreditación dos títulos de Enfermaría e o traballo iniciado con este fin, polas consellerías de Sanidade e de Educación, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, sempre que se garanta a participación activa da Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo, o mantemento da súa autonomía e a continuidade da súa actual plantilla docente e de xestión, e creación do mesmo como centro propio.
Segundo.
O Pleno do Concello de Lugo comprométese a seguir impulsando o fortalecemento do Campus Universitario de Lugo e manifesta que, no marco desta titulación, seguir traballando para reforzar a súa identidade e impulsen o obxectivo ambicioso de dotar a cidade dunha Facultade propia de Enfermaría.