Insubmisas Contra o Rearmamento: Cacerolada Global por Palestina, hoxe na Plaza do Toural ás 20 horas en Compostela

Desde Insubmisas Contra o Rearmamento expresamos todo o noso apoio ás caceroladas convocadas para mañá en diferentes lugares de Galicia como mostra de solidariedade co pobo palestino e denuncia fronte ao xenocidio en Gaza.

Estas accións ruidosas son necesarias: facer soar cazolas é romper o silencio cómplice, visibilizar a inxustiza e afirmar que non imos calar mentres se perpetra unha masacre con total impunidade e coa complicidade da Unión Europea e do Estado español.

Como colectivo antimilitarista, feminista e internacionalista, chamamos a todas as persoas e organizacións sociais, culturais, sindicais e políticas a sumarse e espallar estas mobilizacións por todo o país. 

Cómpre encher as rúas de ruído e dignidade, para denunciar o apartheid, a colonización e o exterminio sistemático do pobo palestino.

Porque o ruído é solidariedade, denuncia e compromiso coa vida.

Convidamos tamén á cidadanía galega a participar na:

Cacerolada Global por Palestina

📍 Praza do Toural – Santiago de Compostela

 🗓️ Venres 1 de agosto

 🕗 Ás 20:00 h

Sumámonos ao chamamento internacional da cineasta e xornalista palestina Bisan Owda, quen apela ao mundo enteiro a erguerse contra o xenocidio. É hora de actuar, de facer da nosa loita diaria unha extensión da súa resistencia.

Comparte éste artículo
No hay comentarios