O Grupo Municipal Socialista de Santiago denuncia a «situación crítica» do servizo de vixilancia da Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD) debido a impagos do Concello. A concelleira Marta Abal explica que o goberno de Goretti Sanmartín deixou caducar o contrato en outubro de 2024 de forma «negixente», poñendo en risco a seguridade de traballadores e usuarios.
O PSdeG reclama a licitación inmediata dun novo contrato que asegure a continuidade deste servizo «fundamental» para a cidade, incorporando cláusulas que protexan os dereitos laborais dos empregados.