O PP consegue a apertura do aparcadoiro dos IES Virxe dos Ollos Grandes e Lucus Augusti en Lugo

O Grupo Municipal do Partido Popular celebra a apertura dos aparcadoiros dos institutos Virxe dos Ollos Grandes e Lucus Augusti. Esta medida, unha demanda histórica da Asociación de Veciños Parque de Rosalía-Recatelo, faise realidade grazas ao traballo conxunto e constante do Partido Popular, a Xunta de Galicia e a veciñanza.

O aparcadoiro abrirá en horario compatible coa actividade docente e garantirá a seguridade.

A voceira popular, Elena Candia, subliña que «esta actuación é unha mellora importante para o día a día da veciñanza». Ademais, destaca o compromiso do Partido Popular con solucións «reais e proactivas» para os problemas de mobilidade da cidade, que cualifica de «carencia de prazas» por mor da xestión do Goberno local.

Comparte éste artículo
No hay comentarios