O PSdeG propón un gran pacto de país para abandonar o «modelo cheminea» de Sogama

A deputada socialista Paloma Castro insta a Xunta a deixar atrás o modelo de incineración e a impulsar unha folla de ruta consensuada coa FEGAMP e as universidades para acadar o vertido cero antes de 2030.

O Grupo Socialista rexistrou unha proposición non de lei no Parlamento para denunciar a «obsolescencia» do modelo actual de Sogama. A proposta chega despois de que a Xunta anunciase un investimento de 100 millóns de euros ata 2030, un plan que, segundo o PSdeG, consolida un sistema que deixa a Galicia na cola da reciclaxe en España.

«A incineración non pode seguir sendo o centro da política de residuos», afirmou Castro, quen asegura que, a pesar de existir fondos europeos e capacidade técnica, a Xunta «segue escollendo a vía equivocada».

O PSdeG defende que o novo modelo debe basearse na prevención, a redución do lixo e a reciclaxe, deixando a incineración como un papel subsidiario. A deputada socialista concluíu que a proposta é «unha iniciativa de país» para deixar atrás un sistema «ineficaz» e apostar por un modelo «sostible e xerador de emprego».

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios