O BNG de Corcubión acusa á plataforma XPCD de mentir e de ter un carácter político

O BNG de Corcubión defende a xestión do goberno local e responde ás declaracións da plataforma “Xuntos polo centro de día” (XPCD), á que acusa de faltar ao respecto e de ter un claro fin político.

Segundo o voceiro local dos nacionalistas, Juan Carlos Cristino, a plataforma falta á verdade cando afirma que non se lles avisou da entrega das sinaturas no Parlamento. «Fun eu mesmo quen os avisei con antelación», asegurou Cristino, quen engadiu que a semana pasada chamou a un dos membros da directiva para informarlle de que o alcalde ía realizar a entrega.

Críticas á actitude da plataforma

O BNG lamenta a actitude da plataforma, que cualificou o Concello de «cortello» e a actuación do goberno de «estratexia de supervivencia política». Para Juan Carlos Cristino, estas declaracións «demostran que XPCD xa quitou a careta» e que o seu único obxectivo é «criticar e derrubar o goberno local».

Cristino acusa a plataforma de ser «enviados políticos da oposición» e de manter un silencio de vinte anos durante o goberno do PSOE en Corcubión. «Non fixeron unha soa crítica ao PP, que é quen tiña que ter aberto o centro de día. Está claro de que pé coxean», afirmou.

Por último, desde o BNG aseguran que seguen a traballar para que o centro de día sexa unha realidade e piden á plataforma que «deixe de ser un obstáculo» e de «interromper o labor do goberno, que xa representa a todos os veciños».

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios