Será este sábado ás 12:00 en Visma 1
A memoria de Rogelio Ríos, directivo do clube falecido a comezos de ano, centrará a segunda cita de preparación do Silva este sábado 9 de agosto ás 12:00 en Visma 1. O I memorial Rogelio Ríos enfrontará ao equipo de Noe López co Racing Club Villalbés, conxunto que xogou promoción de ascenso a 2ª RFEF o pasado curso.
O encontro foi presentado esta mañá no barrio de orixe de Rogelio, Labañou. “Queremos ter unha lembranza con el e con todas as persoas que tantos anos axudaron ao clube desinteresadamente”, quixo recordar o presidente da entidade, Luis Varela.
Nese senso insistiu o vicepresidente e director xeral, Chechu Vales. “Rogelio non só era un compañeiro, era un amigo, e con esta pequena lembranza queremos que o seu legado non se esqueza. Acordámonos del todos os dias e botamolo moito en falta. Xogamos preto do seu barrio, da súa infancia, do seu lugar refuxio e é unha forma de lembralo”, manifestou.
Entrada gratuita
O acceso a Visma 1 terá entrada gratuita, en virtude da ordeanza fiscal en vigor.