O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo acusou ao goberno local de intimidar ilegalmente os veciños. Segundo o PP, o Concello enviou notificacións e correos electrónicos a varios cidadáns, ameazándoos con sancións por non cambiar os contadores da auga. O Partido Popular asegura que o goberno local non ten competencias para impoñer estas multas.
A oposición explica que a ordenanza municipal só permite sancionar contadores que estean avariados e que se poida demostrar. Afirman que o goberno local está «enganando e confundindo aos veciños» para forzar a instalación da telelectura, un modelo que, a pesar de ser obrigatorio dende 2020, o Concello aínda non ten definido.
O Partido Popular cre que a estratexia do goberno podería estar ligada á espera dos fondos do PERTE a finais de setembro, pero subliñan que esa expectativa non xustifica as presións sobre os cidadáns.
O PP de Lugo celebra que a súa labor de fiscalización logrou «destapar esta situación», obrigando o bipartito a recuar e recoñecer que non pode sancionar aos consumidores que decidan non cambiar os seus contadores por vontade propia.