CCOO: O IGE desmente a patronal: a falta de formación, principal causa das vacantes en Galicia

Un informe do Instituto Galego de Estatística (IGE) publicado hoxe confirma que a maior parte das vacantes nas empresas galegas débense á falta de formación dos candidatos. Este dato desmente as queixas da patronal e pon o foco na necesidade de adaptar a formación ás demandas do mercado laboral.

O estudo do IGE, que analiza o segundo trimestre de 2025, sinala que máis do 55% das vacantes non se cobren por falta de cualificación axeitada:

  • 19,44% pola ausencia de titulacións superiores STEM.
  • 5,56% pola falta de preparación dixital.
  • 30,56% por carencias noutra formación específica.

Maica Bouza, secretaria de Organización e Políticas Públicas de CCOO, insta á Xunta a «tomar nota» destes datos para «deseñar estratexias eficaces» que corrixan a situación.

As condicións laborais tamén importan

Ademais da formación, o informe destaca que os aspectos non salariais son cruciais. O 31,48% das vacantes non se cubriron porque os candidatos rexeitaron outras condicións do traballo distintas do salario, mentres que só o 14,81% das ofertas foron rexeitadas por motivos económicos.

«Isto corrobora o que levamos moito tempo dicindo: as empresas deben facer máis atractivas as súas ofertas laborais, xa que hai cuestións tan ou máis importantes que o diñeiro», afirma Maica Bouza.

O informe do IGE tamén revela que:

  • Había 14.452 vacantes en empresas de 10 ou máis traballadores, un 20,82% máis que no ano anterior.
  • As empresas medianas (de 10 a 49 empregados) concentran a maioría das vacantes.
  • O 80% das empresas non teñen vacantes porque non precisan contratar máis persoal.
Comparte éste artículo
No hay comentarios