O próximo domingo 24 de agosto a partir das 11:00 horas, disputarase a XXXV regata provincial de piragüismo Festa da Empanada puntuable para a Copa Deputación 2025
Esta é a 4º regata provincial que forma parte da copa Deputación de piragüismo 2025 xa que as anteriores se celebraron en Muiños, Castrelo de Miño e Barbantes. En Allariz hai inscritos cerca de 100 deportistas da provincia de Ourense con idades comprendidas entre os 6 e 16 anos, onde as categorías pre-benxamín, benxamín e alevín percorrerán unha distancia de 1.000m, os infantís terán un percorrido de 2.000m e os cadetes, competirán nunha distancia de 4.000m. Nun circuíto polo río Arnoia a seu paso pola vila alaricana na zona da alameda dende o edificio A Fábrica hasta a ponte románica.