A dirección deportiva e Alejandro Ares Piñeiro (Pontedeume, 27/06/1992) alcanzaron un acordo para a incorporación do futbolista procedente do UD SOmozas, formando por tanto parte do #SILVA2526.
O xogador, que ocupa a posición de dianteiro, acumulou no cadro do Municipal Manolo Candocia 722 minutos en 15 partidos, 9 de inicio, anotando dous goles.
Na temporada 2022/23 xogou no Zamora CF de 2ª RFEF, con 1.111 minutos en 24 partidos, 13 de inicio, e 2 goles.
Nos tres cursos anteriores xogou en 2ª RFEF e a extinta 2ª B co Coruxo FC vigués, onde sumou 3.683 minutos en 66 partidos, deles de inicio 36, anotando 7 goles.
A súa estancia previa foi na capital de Galicia na SD Compostela en Terceira División, onde estivo dous temporadas e sumou 26 goles en 5.711 minutos, con 67 partidos de titular dos 74 nos que saltou ao céspede.
Un dos seus mellores momentos deportivos viviuno en O Roxo, xusto compartindo vestiario co seu novo adestrador, Noe López. No CCD Cerceda nos cursos 2016/17 e 2015/16 anotou 21 goles en 7.328 minutos con 88 partidos xogados, de inicio 81.
Antes, militou nunha primeira etapa na UD Somozas e na SD O Val.
Adrián Vázquez

A dirección deportiva e Adrian Vázquez Couceiro (A Coruña, 13/01/2006) alcanzaron un acordo para a incorporación do futbolista procedente do RC Deportivo, formando por tanto parte do #SILVA2526.
O xogador, que ocupa a posición de defensa, chega en situación de xogador libre tras realizar a pretemporada co RC Deportivo Fabril, de 2ª RFEF.
Con preto de mil minutos en División de Honra a pasada temporada, foi un puntal no Xuvenil B nos dos anos anteriores en Liga Nacional. En total, na súa etapa xuvenil, acumula 827 minutos en 18 partidos, 8 de inicio, en División de Honra e 3815 minutos en 50 partidos, 43 de inicio, en Liga Nacional.
Antes, en División de Honra Cadete, completou 19 partidos, 14 de titular, con 1.162 minutos.
Previamente militou no Ural Español CF, clube do que recalou no Dépor grazas ao convenio de fútbol base das entidades de A Coruña articulado a través de AFAC.