O pavillón Campo da Serra acollerá este sábado o XXXI Torneo Cidade de Narón de balonmán

O pavillón Campo da Serra acollerá este sábado, día 30, a trixésimo primeira edición do Torneo Cidade de Narón de balonmán, en horario de mañá e tarde. O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, presentou o evento acompañado por Alejandro Basoa e César  de Castro, presidente e vicepresidente do Clube Balonmán Narón que coorganiza o evento co Concello, así como de Emilia de Castro e César de Castro xogadores do mesmo.

Na xornada de mañá, entre as 10:30 e as 14 horas,  terán lugar os partidos da categoría infantil, nos que competirán ademáis do Narón, o OAR, o Viveiro e o Eume. Pola tarde, entre as 16:15 e as 19:15 horas, será o turno da categoría cadete na que participarán o clube anfitrión xunto co OAR e o Viveiro. Como colofón a esta xornada, ás 20:15 horas terá lugar o 1º Encontro de copa da categoría senior no que se enfrontarán o Balonmán Narón e o Balonmán As Pontes.

O edil de Deportes valorou o feito de que un ano máis se dispute este torneo que xa en clásico da cidade, poñendo en valor o traballo realizado dende o Club Balonmán  Narón e animando á cidadanía a acudir ao evento para apoiaraos deportistas que participarán no mesmo.

Comparte éste artículo
No hay comentarios