A programación divídese en catro zonas diferentes que, pasadas a a 01:30h, converxeran nunha final de festa na Praza do Tapal.
O concelleiro de festexos de Noia, Manolo Seijas, ven de anunciar a programación final para o Carnaval de Verán 2025, a segunda edición dunha velada organizada por ‘Noia en marcha’ en colaboración co Concello de Noia.
Así, a programación inclúe unha importante presenza de DJs locais, como é o caso de DJ Pichi, que animará a zona ‘Praza da Constitución’, de DJ Manutxo, que fará o propio na zona ‘Malecón de Gasset’ ou de DJ Cassanova, que estará ao cargo da zona “Rúa do Curro”.
Tamén na zona ‘Rúa do Curro contaremos coa presenza do grupo Bafana Bafana e cunha animación de baile ao cargo do grupo ‘Tarafa’. A Alameda de Noia, pola súa conta, contará na súa zona cunha Discoteca Móvil e con animación musical.
Estas catro zonas darán diversas opcións aos festeiros e festeiras nunha velada que comezará ás 20:00h, e que se estenderá ate a 01:30h da mañá. Nese momento, dará arranque na Praza do Tapal o Fin de Festa, que contará ca presenza do DJ Gabri Salgado aos mandos da Disco Chocolate.
“Nesta edición buscamos consolidar o que apunta a ser unha cita de referencia de agora en diante no calendario de eventos noiés“, sinalou Manolo Seijas, concelleiro de festexos do Concello de Noia, quen asegurou que “nesta segunda edición, redobramos a animación musical e apostamos por dar opcións a todos e todas.”. “Agradecemos enormemente a colaboración da hostelería, crucial na organización deste evento”.