Quiroga acolle unha mostra sobre o Ano Xubilar Romano, que conta coa colaboración da Xunta

A Xunta patrocina a exposición itinerante sobre o Ano Xubilar Romano 2025 que se pode visitar ata este venres na Casa da Cultura de Quiroga. 

A mostra consta de dez paneis, vitrinas e outras pezas que achegan ao público o contido da bula ‘Spes non confundit’, así como diversos elementos vinculados á tradición cristiá dos xubileos, coñecida en Galicia sobre todo pola súa versión compostelá.

O director territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Manuel Antonio Fernández, visitou hoxe a exposición xunto a Jesús Río, párroco do santuario quirogués da Ermida que preparou a mostra; o alcalde de Quiroga, José Luis Rivera; e representantes da Diócese de Lugo, entre outros. O proxecto conta co apoio da Secretaría Xeral da Lingua pola súa contribución á promoción do uso do galego en ámbitos sociais de especial relevancia, como o relixioso.

A exposición pode visitarse en Quiroga ata este venres 29 de agosto, en horario de 8.00 a 14.00 horas. Posteriormente, continuará o seu percorrido por distintos puntos da xeografía galega ata a clausura do Ano Xubilar, o 6 de xaneiro de 2026.

Na provincia, a mostra pasou ca pola igrexa de Santa María da Fonsagrada e pola de Santa María Madanela das Nogais. A vindeira parada será na igrexa de San Xoán de Becerreá, onde permanecerá do 9 ao 20 de setembro.

Comparte éste artículo
No hay comentarios