O PP de Pol pregunta a Lino Rodríguez por que usou o bus do Concello para o campus de fútbol a pesar de coñecer a prohibición de transportar a menores de idade

Nicole Grueira explica que “todos coñecemos que levou a menores durante o campus no bus” xa que no propio cartel anunciador sinalábase a ruta do servizo de transporte, un servizo que se realizou co bus do Concello saltando a prohibición de transportar menores e de realizar traxectos entre concellos.

“As mentiras teñen as patas moi curtas e hoxe volveu a demostrarse que Lino Rodríguez minte constantemente en todo o relacionado co bus do Concello”. Así de contundente se amosa a voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, tras ver como por fin o alcalde recoñece que sabe da prohibición de usar o bus para transportar menores de idade, algo que negou durante moitos meses.

Nicole Grueira explica que “todos coñecemos que levou a menores durante o campus no bus” xa que no propio cartel anunciador sinalábase a ruta do servizo de transporte, un servizo que se realizou co bus do Concello saltando a prohibición de transportar menores e de realizar traxectos entre concellos.

A voceira popular critica esta actuación xa que “non se pode entender que xogue así cos menores xa que se ten esa prohibición expresa, que pasaría no caso de que houbera que lamentar un accidente”.

Nicole Grueira afirma que “unha cousa é xogar cun balón ao fútbol e outra moi diferente poñer en risco aos menores”. “Estaba claro que Lino Rodríguez mentía e agora queda acreditado, dende o primeiro intre sabía perfectamente todos os condicionantes que rexen o uso do autobús que el mesmo se empeñou en mercar, e pese a ter coñecemento de todas estas limitacións no uso do autobús, Lino Rodríguez nos acusaba de mentir, pero agora queda claro que o único mentireiro é el”.

Os requisitos que ten que cumprir o Concello de Pol para o uso do bus son:

– Que o condutor sexa unha persoa cunha relación laboral directa co Concellode Pol

– Prohibición de transportar menores de idade

– Uso de tacógrafo en desprazamentos superiores a 50 quilómetros

– O condutor debe de ter o CAP en vigor

Comparte éste artículo
No hay comentarios