O PSOE de Arteixo denuncia a falta de médicos de atención primaria nos centros de saúde do concello

O Grupo Municipal Socialista de Arteixo alerta dunha situación insostible nos centros de saúde do concello pola falta de profesionais de atención primaria durante todo o verán.

Martín Seco, portavoz do grupo socialista arteixán, argumento que segundo trasladan numerosos veciños e veciñas, “é practicamente imposible conseguir unha cita co médico de familia a través da aplicación do SERGAS, xa que non hai datas dispoñibles ou hai que agardar ata mediados de setembro para ser atendido”.

Seco explica que o problema chegou ao límite no centro de saúde de Vilarrodís, “que estivo sen ningún médico durante varios días do mes de agosto”, o que ocasionou graves dificultades para os pacientes que, incluso, nalgún caso non podían renovar a súa baixa laboral.

O voceiro socialista lembra que “ano tras ano repítese esta situación pola falta de aposta do PP pola sanidade pública, que se agrava nos meses de verán pola ausencia de planificación e cobertura de prazas”. “Non podemos aceptar que conseguir unha cita médica sexa unha misión imposible en pleno 2025. A saúde da nosa veciñanza non pode quedar desatendida cada verán”denuncia Martín Seco.

Por todo isto, o Grupo Socialista instou en pleno ao goberno local que esixa á Consellería de Sanidade cubrir de inmediato as prazas de médicos de atención primaria necesarias para garantir unha atención sanitaria digna nos centros de saúde de Arteixo.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios