O descontento está a crecer entre os traballadores das brigadas forestais debido ás declaracións da presidenta local do PP, Inma Rodríguez. A política acusounos de provocar intencionadamente os incendios forestais «para ter traballo», unha afirmación que xerou un profundo malestar no sector.
Amigos das árbores manifestan o seu apoio total ás brigadas, recoñecendo a súa profesionalidade e o risco que asumen para protexer o patrimonio natural e a vida da cidadanía. Non entenden que a presidenta e líder do PP, Inma Rodríguez, do Barco de Valdeorras, unha das vilas máis importantes de Galicia, acuse da maneira que o fixo ao conxunto das brigadas forestais dicindo que: «provocan incendios para ter traballo». Os traballadores das brigadas forestais está amolados porque «é unha acusación que nos afecta ao conxunto dos traballadores e traballadoras forestais de Galicia. Acusación que, de estar fundada, debe de polo en coñecemento de maneira inmediata no xulgado de garda da súa vila»
De non facelo, a señora Inma Rodríguez e o Partido ao que representa teñen tres opcións: pedir perdón polas súas graves acusacións sen fundamento. Dimitir por falsas acusacións ao conxunto dos traballadores e traballadoras forestais. O PP de Galicia tendo en consideración, penso que teñen un código ético, se a súa representante non toma ningunha das medidas apuntadas enriba debe facela dimitir inmediatamente.
Neste caso, os traballadores e traballadoras forestais tamén pedimos que tanto as organizacións sindicais, as organizacións profesionais e os representantes sociais e políticos defendan a un colectivo, que a pesares das múltiplex eivas, nestes días nos que en Galicia arderon unhas 150.000 hectáreas (EFFIS-Copernicus), demostraron profesionalidade e arriscaron a súa vida para a protección do patrimonio natural, do tecido produtivo, das aldeas, infraestruturas…
Unha mágoa que en Galicia siga habendo representantes políticos como a presidenta do PP do Barco de Valdeorras, representantes que tratan de agochar a súa incompetencia e desleixo mediante mentiras, enganos e agora acusacións xeralizadas que ten e debe demostrar.
Profunda mágoa e vergoña allea!!!»